Muras inicia as reunións cos veciños para a análise do inventario de camiños
O Concello de Muras inicia mañá, xoves, as reunións que se manterán cos veciños das parroquias a propósito da presentación do inventario de camiños municipais e para informar os asistentes sobre o mesmo.
A primeira cita será cos veciños e veciñas de Silán e do Viveiró. Os primeiros serán os de Silán, que están convocados para as 11.00 horas no local da antiga escola da parroquia. Pola tarde será a quenda dos veciños do Viveiró, ás 16.00 horas no local da antiga escola parroquial.
A intención do equipo de Goberno é reunirse cos veciños de todas as parroquias do Concello, que son 8, para ir poñendo sobre a mesa as diferentes cuestións que os veciños consideren que hai que cambiar ou modificar.
O Concello xa iniciou a redacción do documento polo que o obxectivo será debater o mesmo cos veciños de cada parroquia.