Muras inicia as súas festas de San Xoán o 22 de xuño

TerraChaXa
Como colofón, terá lugar un sorteo de bolos de pan caseiro, queixo, unha cesta variada
festas-san-xoan-muras
Cartel
15 Xuño 2024

A noite do sábado 22 de xuño estará cheo de comida e diversión na localidade de Muras, que celebrará as súas festas de San Xoán, na que non faltará a tradicional fogueira.

O programa comezará ás 21.00 cuns pinchos de chourizo e liscos á brasa, acompañados de pan. A partir das 22.00 será o turno do dúo Meritxell, que amenizarán a noite coa súa música.

Como colofón, terá lugar un sorteo de bolos de pan caseiro, queixo, unha cesta variada e máis cousas.

0.082839965820312