Muras inviste 175.000 euros en obras de camiños
O Concello de Muras destinará 175.000 euros ao mantemento e mellora de estradas dentro do Plan Único da Deputación, un orzamento total que o ente provincial destina a este Concello de 286.381 euros.
O Concello ten previsto comezar coas obras de acceso a localidade de Serra, con 2.290 euros de orzamento.
Tamén está previsto o amaño dos camiños de Penagrande, O Curro, Susana, con orzamentos de 11.360, 3.909 e 17.931 euros, respectivamente.
Acometerán tamén os accesos a Ferreiros, con 9.880 euros de presuposto e os currales en La Cabeceira e Bustelo, con 7.959 e 5.007 euros, respectivamente. En Bustelo tamén acondicionarán os accesos con 11.247 euros de orzamento.
Finalmente empregarán o orzamento municipal na reparación de tres camiños parroquiais, o do Couce, o da Paleira a Vedille e o de Bouzas. No primeiro investiranse 13.181 euros, e no segundo 22.250 para rematar cos 11.247 do último.
Por outra banda, o Concello de Muras avanzou que continúan coas obras da traída de auga á Balsa, unha mellora que conta cun orzamento de 380.000 euros con caro ao Fondo de Compensación Ambiental e que se prolongarán debido a que a empresa solicitou unha prórroga.
A obra contempla a construcción dun depósito de auga así como 17 quilómetros de tubaxe, ademais de todo o demais que leva como arquetas e outras actuacións en diversos puntos.
Malia que a obra estaba previsto que rematara en outubro, finalmente o fará nos próximos días.