Muras licitará este mes as obras en 14 vías do municipio
O Concello de Muras anunciou que durante este mes quedarán adxudicadas as obras correspondente ao Plan Único deste ano e que consisten en actuacións en viais en diversos puntos da rede de estradas e camiños do termo municipal.
Serán algo máis de 157.000 os que se destinarán a estas amaños de estradas que consistirán no asfaltado, limpeza de cunetas e reparacións de problemas nestas vías.
Serán 14 actuacións que se refiren a oito camiños e o resto en estradas.
Así, arranxarán os camiños de Penedos Longos, Perros, Invernés, o da Costa (na Retrebada), o da Costa da Armada na Restrebada, o do depósito de Paleira e o de Curralverllo, ademais de continuar coa obra do Camiño de Silán.
Tamén se repararán varios accesos a núcleos como o de Carracedo, Invernés e Baxín.
Completan as actuación en estradas como a de Forcós, Curral en Carballás e a ampliación da vía Vilariño.