Muras ofrece dous cursos gratuítos para mellorar o uso do móbil e a seguridade en internet

TerraChaXa
As formacións, presenciais e sen custo, enmárcanse no programa provincial 'E para dixitalizarse, Lugo' e admiten inscricións ata o 5 de novembro
MURAS cursos
3 Nov 2025

O Concello de Muras abre a inscrición para dúas accións formativas dirixidas á veciñanza do rural co obxectivo de reforzar as competencias dixitais. Trátase dos cursos 'O teléfono móbil. Primeiros pasos', centrado en aprender a configurar o smartphone, resolver dúbidas e sacarlle máis partido, e 'Ciberseguridade: acoso, grooming e estafas', orientado a previr riscos en liña e recoñecer prácticas fraudulentas.

As sesións serán presenciais, gratuítas e impartiranse no propio termo municipal, con horario e espazos por concretar segundo a demanda. As persoas interesadas poden anotarse ata o 5 de novembro chamando ao 982 50 00 12 ou escribindo a yparadigitalizarselugo@gmail.com, indicando o curso elixido e o concello.

Ambas propostas forman parte do programa da Deputación de Lugo 'E para dixitalizarse, Lugo', unha iniciativa pensada para achegar a tecnoloxía á poboación do rural e promover o uso cotián das TIC como ferramenta para mellorar a calidade de vida.

⚙ Configurar cookies
0.12308311462402