Muras prepara para o 4 de novembro o II Trail das Bestas
Tras o éxito rexistrado o ano pasado, o Concello de Muras acollerá o 4 de novembro a segunda edición do Trail das Besta, una iniciativa subvencionada polo Concello coa que se pretende poñer en valor o concello de Muras e a Serra do Xistral.
O II Trail das Bestas de Muras arrincará o vindeiro 4 de novembro ás oito e media da mañá. Estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de plástico nos cruces. Tamén haberá sinais de spray biodegradable en algún puntos.
O percorrido será circular con saída e meta na Área Recreativa da Veiga despois de percorrer un circuíto marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces a carón da localidade de Muras chegando á Serra do Xistral no seu punto máis lonxano.
Haberá catro distancias diferentes para percorrer. A máis dura, de 43 quilómetros con 2.100 megtros de desnivel será o maratón, que será o que sairá ás 8.30 horas. Unha hora máis tarde será a vez da media maratón (24,5 km con 1.050 metros de desnivel), a curta e a andaina (con 15 km e 600 metros de desnivel).
O ano pasado participaron nesta dura proba máis de 150 persoas polo que este ano espérase reunir o mesmo número de persoas.
As categorías serán: sénior masculino ou feminino -dende os 18 ata os 45 anos- e veterano ou veterana -a partir dos 46 anos tendo en conta a idade que terá o corredor ou corredora a final do ano-. Haberá trofeos para os tres primeiros de ambas categorías que serán entregados despois das dúas do mediodía.
A inscrición xa está aberta e pode facerse a través da web https://tracktherace.com/. O prezo oscilará entre os 9 euros da andaina at os 22 da maratón, sempre que a inscrición se faga antes do 26 de outubro. Se a incrición se fai entre esa data e o 1 de novembro o prezo será de entre 13 e 26 euros.
A inscrición inclúe; seguro asistencia sanitaria e R.C., avituallamentos -dous sólidos e un líquido no percorrido longo e un de cada no curto-, camisola oficial da proba, comida final, reportaxe fotográfico en aberto, seguemento gps Track The Race e duchas.
Tamén haberá servizo de conciliación coa instalación dun punto de atención aos máis pequenos e pequenas que durante a proba poderán realizar diversas actividades tal e como sucedeu o ano pasado.
A organización disporá de abastecementos, tanto líquidos coma solidos, fruta, barritas de cereais, xeles enerxéticos, auga e isotónicos. É obrigatorio por parte dos corredores traer un vaso ou sistema de hidratación para poder abastecerse nos puntos habilitados. A organización non terá vasos como unha medida de protección do medio ambiente.