Muras prepárase para unha gran festa de Entroido para a cativada

O Concello de Muras organiza o vindeiro sábado 1 de marzo unha gran festa de Entroido que terá lugar no Local Social de 17:30 a 23:30 horas. A celebración contará cunha ampla programación para todos os públicos, cunha primeira parte dedicada aos máis pequenos, que poderán gozar dunha merenda e diversas actividades.
Un dos grandes atractivos da festa será o concurso de disfraces, no que se premiarán os tres mellores traxes da xornada. Ademais, a música estará a cargo do dúo Tropical, que porá o broche de ouro a unha noite chea de diversión, cor e alegría.
O Concello de Muras convida a toda a veciñanza a participar neste evento festivo e a desfrutar do Entroido.