Muras recupera este sábado a programación na honra de San Pedro

TerraChaXa
O Concello de Muras volve facelo e toma a dianteira para organizar as súas festas na honra de San Pedro e a Virxe do Cobre.
festas muras portada cartel
24 Xuño 2021

O Concello de Muras volve facelo e toma a dianteira para organizar as súas festas na honra de San Pedro e a Virxe do Cobre. Aínda que non levarán o nome de festas contarán cunha programación musical nas que tamén se respectarán as normas covid vixentes.

Será este sábado 26 cando se desenvolva o programa previsto e que dará comezo co pasarrúas ás 12.00 horas a cargo de Carapaus, con saída dende a igrexa.

Pola noite está previsto o concerto do dúo Estrellas Light, ás 22.00 horas, ao que seguira o concerto de A Banda da Loba para rematar cunha sesión de fogos artificiais.

Os concertos están previstos na praza da Galeguidade pero en caso de choiva serán na carpa da Veiga con limitación de aforo.

festas muras san pedro 2021
0.067290782928467