Despois de xuntazas dos alcaldes de Muras e Vilalba co presidente da Deputación para buscar unha solución para a Ponte Bermuz por fin "vaise levar a cabo e imos acabar con esta vergoña que foi un exemplo de despilfarro de cartos públicos no pasado", di o alcalde Manuel Requeijo, admite que se trata "dunha rehabilitación moi esperada”.
Muras rehabilitará a ponte orixinal de Bermuz
TerraChaXa
Trinta anos despois da construción da Ponte Bermuz, a solución para que os veciños puideran cruzar o río Eume no lugar da Balsa, que une os municipios de Muras e Vilalba, acometerase finalmente a rehabilitación da ponte vella que hai no mesmo lugar.
5 Abr 2019

Xa está pechado o prazo de licitación para a obra de rehabilitación da Ponte, unha construción do século XIX. Nos próximos días procederase a apertura dos sobres para a adxudicación da obra.