Muras rexistrou un novo éxito na sexta edición do Trail das Bestas
O Trail das Bestas volveu reunir en Muras a 250 deportistas na sexta edición dunha cita que xa vén sendo imprescindible no calendario anual, que se disputa na Serra do Xistral, este ano con novo itinerario.
A proba contou con tres modalidades en carreira e unha andaina animados polo bo tempo e un gran número de público.
Na proba de maratón, a máis esixente, que consta de 43 quilómetros, o gañador foi Pablo Vecino Rey, do Tribu Trail, que pechou o crono en 4 horas, 30 minutos e 24 segundos. Completaron o podio José Santiago Villar, dous minutos e medio máis de tempo, e Zenxo Laso Vázquez.
Na feminina a gañadora foi Fátima López Soto, do Toxiza e Lidia Garcái Gil, de Asaltamontes foi a segunda.
No podio de veteranos o trinfo foi para Daniel Mayans Gondar, seguido de Rubén Ortega Berzal e José Antonio Cabo Areoso.
Na de 27 quilómetros na masculina o gañador foi Dani Pazó, seguido de Miguel Vilaboy e Juan Rey. Na feminina o podio estivo composto por Verónica Bugliot, Tereza Ctvrtnickova e Sandra Chao.
En veteranos o triunfo foi para José Rafael Méndez, xunto a Jesús ARca Canto e Xosé Manuel Meizoso. Na feminina gañou Tina Formoso.
A carreira máis curta, de 15 quiómetros, rematou coa vitoria na masculina de Martín Barreiro, seguido de Roberto Tuñas e Fabián Casabella. Na feminina os trofeos foron para Tamara López, Paola Estrada e Fina Blanco. Esta última tamén gañou en veterano feminino, antes de Vanesa Sánchez e María Jesús Romero.
En veterano masculino foron os tres postos para David Guerriero, Francisco Ladra e José Francisco Saíz.
Destacou na carreira a presenza de Inés López, que correu asistida por un equipo de dez persoas.