Muras suspende toda a actividade municipal por temor ao contaxio do virus

TerraChaXa
O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, decidiu suspender as actividades municipais en todo o Concello en previsión polo rebrote de coronavirus detectado na Mariña e debido a que unha gran parte da súa poboación traballa nos concellos afectados.
6 Xul 2020

O alcalde de Muras, Manuel Requeijo, decidiu suspender as actividades municipais en todo o Concello en previsión polo rebrote de coronavirus detectado na Mariña e debido a que unha gran parte da súa poboación traballa nos concellos afectados.

Este sábado a consellería de Sanidade publicou no DOG a Orde pola que se establecen determinadas medidas de prevención nos concellos da Mariña, como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do covid-19. Entre as medidas establecidas, atópase a restrición á mobilidade das persoas, non obstante si permiten o desprazamento ao lugar de traballo para efectuar a prestación laboral, profesional ou empresarial, incluíndo o transporte, a prestación de servizos, o comercio e as actividades empresariais e económicas.

"No noso caso, o concello non se ve afectado directamente pola orde, pero temos veciños e veciñas que si teñen o lugar de traballo nos concellos confinados, polo que ante a posibilidade de que estas persoas poidan contaxiarse no lugar de traballo é volver á súa residencia en Muras, e ante a falta dun protocolo de actuación da Xunta de Galicia para este caso, cómpre adoptar unha serie de medidas preventivas co fin de asegurar a propagación de posibles contaxios en base ao principio de precaución e prudencia".

Neste sentido, decidiron suspender temporalmente todas as actividades e servizos municipais que supoñan o agrupamento de persoas, como as actividades deportivas e culturais, as autorizacións de uso das áreas de recreo, e todas aquelas similares, e aprázase a apertura da piscina municipal que tiña previsto abrirse nestes días.

O alcalde, Manuel Requeijo, manifestou que “chamei ao Sergas para expoñerlles a situación, e dixéronme que chegaba con usar máscaras e lavar as mans. Aquí os únicos que se lavan as mans son os mandatarios da Xunta, que nos deixan tirados aos concellos, non teñen protocolos de actuación e nos din basicamente que nos busquemos a vida”. O rexedor engadiu que “Éé unha irresponsabilidade total a conducta de Feixoo que podía implicarse persoalmente, e eu o único que poido facer é ser precavido e para protexer a poboación, vou suspender todas as actividades municipais onde poida existir un mínimo risco de contaxio, porque ninguén me pode garantir a día de hoxe, que onte se desprazaran persoas dos focos de contaxio aos concellos limítrofes sen restricións, e que estean xa propagando o virus ou que o fagan os que vaian traballar á esas zonas ”

0.16130208969116