Muras volve poñer en marcha un obradoiro de memoria

TerraChaXa
Serán todos os venres, a partir do 5 de setembro, ás 17.00 horas, na Casa do Médico
maiores-recurso
3 Sep 2025

O Concello de Muras porá en marcha este mes unha serie de obradoiros de memoria. Pensados especificamente para as persoas maiores, faranse todos os venres ás 17.00 horas na Casa do Médico.

Están deseñados xunto coa Asociación de familiares e enfermos de Alzheimer e outras demencias de Lugo (Afalu). Todos os formadores de Afalu están capacitados para dar cursos do certificado de profesionalidade, AFD e formación continua, polo que contarán coa súa formación e experiencia acreditadas.

Os obradoiros terán lugar a partir do 5 de setembro e, as persoas interesadas en asistir, non é necesario que se anoten en ningunha parte.

Para calquera dúbida, se debe chamar ao teléfono do Concello (982 500 001).

⚙ Configurar cookies
0.1621310710907