Muras volverá vibrar coas súas festas patronais esta fin de semana
Muras celebrará esta fin de semana as súas festas patronais, na honra a San Pedro e a Virxe da Caridade do Cobre, que darán comezo o venres 30 e que se alongarán ata o domingo 2 de xullo.
As celebracións iniciaranse cunha gran chourizada e pancetada de balde para a veciñanza a partir das 21.00 horas, á que seguirá unha verbena, a partir das 22.00 horas, con Gran Parada e o grupo Jaque.
O sábado, día grande haberá misa solemne pola mañá, a partir das 13.00 horas, seguida da tradicional procesión. A sesión vermú estará ao cargo do grupo Os Tafornelos e a orquestra Galilea.
A programación completarase á noita coa gran verbena, na que estará de novo Galilea xunto a La Ocaband.
O domingo 2 a misa abrirá de novo a programación. Non faltará tampouco a sesión vermú, que estará ao cargo de Superstar e que terá unha duración maior e que porán o punto e final aos festexos.
As festas están organizadas polo Concello de Muras.