Muras volverá vibrar coas súas festas patronais esta fin de semana
Muras celebrará esta fin de semana as súas festas patronais que darán comezo o sábado 25 e que se alongarán ata o domingo 26.
O sábado, día grande haberá misa solemne pola mañá, a partir das 13.00 horas, seguida da tradicional procesión que estará acompañada polo grupo de gaitas Os Trevillas das Pontes. A sesión vermú, que terá unha maior duración, estará ao cargo do grupo Tapyöka.
A tarde estará dedicada aos máis pequenos, que contarán cunha sesión de xogos infantís, música e festa da escuma a partir das 17.30 horas.
A programación completarase a noita coa gran verbena, na que estarán dúas orquestras, Los Players e New York.
O domingo 26 a misa abrirá de novo a programación, nesta ocasión cantada pola Coral Polifónica Santo Ángel da Policía Nacional da Coruña. Non faltará tampouco a procesión seguida da consabida sesión vermú, que estará ao cargo de Salsarena, orquestra que tamén se ocupará da verbena, a partir das 22.30 horas coa que se clausurará a celebración.
O domingo pola tarde tamén haberá xogos, música, pintacaras e inchables para os nenos a partir das 17.30 horas.
As festas están organizadas polo Concello de Muras.