Música e gastronomía, na programación do Samaín en Vilalba

TerraChaXa
O vicealcalde Modesto Renda e concelleira de Turismo María Xosé Fernández anunciaron programa nocturno do Samaín
programa-samain-vilalba-2024
20 Out 2024

O vicealcalde Modesto Renda e concelleira de Turismo María Xosé Fernández anunciaron o programa nocturno do Samaín. Unha serie de actividades lúdicas, que darán inicio ao remate da programación infantil, co fin de ofertar ó público xuvenil e adulto unha festa á altura dunha data tan especial. Ás 21.00 horas terá lugar a procesión da Santa Compaña e media hora despois será a quenda do concerto das Lambe Lambe. Ás 22.15 horas terá lugar a actuación de Saraghallada. E dende as 19.30 os asistentes poderán gozar dun posto de filloas.

0.18568897247314