Música local, grandes orquestras e a tradicional xira polas festas de Meira do 14 ao 17 de agosto

TerraChaXa
Meira celebra as festas na honra a Santa María e San Roque entre o 14 e o 17 de agosto.
Mosteiro_Sta_María_Meira
12 Ago 2017

Meira celebra as festas na honra a Santa María e San Roque entre o 14 e o 17 de agosto. O luns 14 comezarán os festexos coa actuación da Banda de Música de Meira arredor das oito do serán seguida dunha verbena da man da orquestra Ibiza Band.

Xa o martes 15 de agosto os gaiteiros de Meira amenizarán o ambiente das rúas a partir das once da mañá. Á unha do mediodía será a misa solemne seguida dunha procesión –acompañada tamén pola música do grupo de gaitas da Escola de Música de Meira- e posterior sesión vermú coa música do grupo Cronos Band. Arredor das seis da tarde haberá xogos infantís e pola noite, acompañando ao grupo que comezará a verbena ás once da noite, estará en Meira a orquestra Olympus.

O mércores 16 continuarán as festas coa participación das agrupacións locais; xa que será a Banda de Meira a que poña música pola mañá nas rúas a partir das once. Xa ás doce do mediodía acompañará á procesión dende a igrexa cara ao cemiterio de San Roque. Á unha está prevista unha misa na capela e á unha e media o regreso en procesión cara a igrexa seguida dunha sesión vermú a cargo da orquestra La Potencia. E, de novo ás seis da tarde, haberá xogos tradicionais na praza. Finalmente, a xornada rematará a partir das once da noite coa verbena amenizada pola mesma orquestra acompañada tamén da orquestra Passarela.

E como manda a tradición, o xoves 17 a área recreativa do Porto da Pena acollerá a xira campestre que contará coa música cunha charanga e do grupo D’Noche.

0.19190406799316