Música Miúda chega este sábado á Casa Museo de Manuel María

LugoXa | TerraChaXa
Será ás 17 horas e vai dirixido para nenos e nenas de tres a oito anos
musica-muida-casa-museo-manuel-maria
4 Dec 2025

Música Miúda leva este sábado á Casa-Museo Manuel María o seu espectáculo As historias de Bemol Pequeno. Será ás 17 horas e vai dirixido para nenos e nenas de tres a oito anos.

Cun formato de contacontos musical, a actividade conta as historias da vila de Bemol Pequeno, pola que camiñan personaxes como a meiga Xela, o dinosauro Pepón ou a Banda do Carballo. Este espectáculo procura mostrar ás crianzas conceptos musicais básicos como o volume, as notas musicais ou as familias de instrumentos.

Música Miúda é unha banda composta por Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez. Neste proxecto combinan contos e cancións de creación propia, con especial interese na diversidade e na integración, e cunha perspectiva de xénero e de promoción da lingua galega.

⚙ Configurar cookies
0.073831081390381