Muxueira, en Riotorto, celebra as festas do Carme os días 11 e 12 de xullo

A localidade de Muxueira, en Riotorto, celebrará os días 11 e 12 de xullo as tradicionais festas do Carme, que encherán a localidade de música, gastronomía e ambiente festivo.
O venres 11 de xullo, a partir das 21:00 horas, terá lugar unha churrascada popular, que servirá de punto de encontro para veciños e visitantes. A xornada estará amenizada coa actuación do grupo D'Cano e do DJ Bombardero, garantindo música e diversión para todas as idades.
As festas continuarán o sábado 12 de xullo cunha misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú que estará a cargo do dúo Belinda, poñendo o broche musical a unha fin de semana de celebracións en honra á Virxe do Carme.