Na madrugada do domingo entraremos no horario de inverno
O cambio de hora que dará paso ao horario de inverno está apiques de chegar, así, durante a madrugada do 26 ao 27 de outubro os reloxos atrasaranse unha hora, de maneira que ás 3.00 serán as 2.00. E a partir de entón o sol sairá máis cedo e anoitecerá antes.
O novo horario adóptase o último domingo de outubro en toda Europa, en cumprimento da Directiva Comunitaria para o aforro enerxético. Ademais lévase a cabo noutro medio centenar de países de América do Sur, África e algunhas zonas de Estados Unidos e Canadá. A súa orixe remóntase a 1974, cando se empezou a cambiar a hora de forma xeneralizada para aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade trala primeira crise do petróleo.
Desde fai varios anos hai un debate na Unión Europea sobre si a medida é realmente útil. O ano pasado chegouse a falar que sería o último con este cambio, pero nada máis lonxe da realidade. Malia iso, o Parlamento Europeo segue sendo partidario de acabar con esta variación no ano 2021. A UE reclamou que os países comuniquen o uso horario que desexan antes do próximo mes de abril.
Polo tanto haberá que esperar, polo menos, dous anos máis para para o último cambio de hora. Aínda que a posición definitiva do Parlamento Europeo debe ser aprobada nun Pleno antes de que a Eurocámara poida poñerse a negociar cos países membros.