Na madrugada do domingo haberá que adiantar a hora

TerraChaXa
O cambio de hora que dará paso ao horario de verán producirase na madrugada do domingo 29, cando os reloxos deberán adiantarse unha hora.
time conversion 3255133_1280 1 e1571729248721
28 Mar 2020

O cambio de hora que dará paso ao horario de verán producirase na madrugada do domingo 29, cando os reloxos deberán adiantarse unha hora.

Cando as agullas do reloxo marquen as dúas da madrugada, teranse que avanzar ata as tres. A modificación horaria aplícase en todos os países da Unión Europea para intentar axustar a xornada laboral ás horas de luz natural.

A consecuencia máis inmediata do cambio de hora é que amencerá e anoitecerá unha hora despois, polo que dispoñeremos de máis tempo de luz solar polas tardes. Iso adoita beneficiar aos negocios de lecer como a restauración, xa que a xente tende a alongar os paseos e a regresar a casa máis tarde.

O cambio de hora de marzo do 2020 non será o último. A Comisión Europea e o Parlamento Europeo propuxo que o último ano con cambio de hora sexa o 2021. A vontade dos eurodeputados é que os países que queden co horario de verán fagan o último cambio en marzo dese ano, e os que opten polo de inverno, en outubro.

Por vez primeira na historia este cambio de horacase non se vai notar xa que millóns de escolares, universitarios e traballadores atópanse en corentena, confinados nun espazo limitado. Por iso este ano o cambio horario afectaranos menos que noutras ocasións.

0.19224882125854