Nace en Meira unha asociación internacional para a promoción do desenvolvemento sostible

TerraChaXa
Co sétimo aniversario da aprobación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fundouse en Meira a Asociación O Camiño Sostible
camino sostible asociacion meira
8 Oct 2022

Con motivo da celebración do sétimo aniversario da aprobación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fundouse en Meira a Asociación O Camiño Sostible.

Foi no ano 2015 na sede de Nacións Unidas onde o Papa Francisco pronunciou o discurso que aprobaba esta estratexia. Os ODS están presentes en todos os ámbitos, o ambiental, o social e patrimonial e o económico.

Manuel Vidal Rico, un veciño desta localidade luguesa con ampla experiencia en comunicación, é un dos membros fundadores da asociación, na que o Concello de Meira ofrece patrimonio, natureza e unha gran riqueza etnográfica.

Esta asociación está apadriñada pola lenda do baloncesto Fernando Romay e por un veciño de excepción de Meira, Sergio Vallejo, varias veces campión de España de Ralis.

O presidente da entidade é Rodrigo López Piquín, que conta con ampla traxectoria de traballo nas redes de mozas do programa MaB e foi o coordinador do I Foro da Rede Española de Reservas de Biosfera que reuniu a 39 participantes, estando presentes 30 Reservas de Biosfera das 52 que forman a Rede Española.

A clara intención desta nova asociación é levar a cabo encontros de mozos no territorio, en Galicia e na Reserva de Biosfera Terras do Miño.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18653917312622