Nace en Riotorto a empresa Lugoaventura, dirixida á práctica de actividades de aventura

TerraChaXa
O empresario meirense Pablo Cabodevila inaugura o sábado 20 de xaneiro en Riotorto a empresa Lugoaventura, unha iniciativa dirixida á práctica de actividades de aventura na zona de Meira e Riotorto.
portada_Cartel Presentacion Lugoaventura
19 Xan 2018

O empresario meirense Pablo Cabodevila inaugura o sábado 20 de xaneiro en Riotorto a empresa Lugoaventura, unha iniciativa dirixida á práctica de actividades de aventura na zona de Meira e Riotorto.

Con esta iniciativa, o emprendedor quere conseguir potenciar o turismo na súa vila de nacemento, xunto con varias casas rurais da zona, coas que ten un acordo de colaboración.

Lugoaventura permitirá aos usuarios dos seus servizos dar paseos en buggy polas zonas de montaña mentres que os grupos disporán de vehículos 4x4 para facer rutas.

A sede desta empresa de ocio está no lugar de Ferrería, nº5, no concello de Riotorto, pero se presentará oficialmente este sábado, 20 de xaneiro, a partir das 5 da tarde, no Mesón do Mazo, en Ferreiravella, onde están invitados a asistir todos os que o desexen. Así mesmo, poderán probarse gratuitamente os buggys.

Para a contratación dos servizos o teléfono de contacto é o 982 103310.

Cartel Presentacion Lugoaventura
0.081615209579468