Nace Terras do Anaris, un novo colectivo para impulsar a comarca

TerraChaXa
O novo colectivo espuxo, ante un nutrido grupo de representantes sociais e institucionais, os fins e obxectivos para os que foi concebida.
presentacion terras do anaris
28 sep 2021

A asociación Terras do Anaris presentouse ante a súa sociedade nun acto no que estivo acompañado por un nutrido grupo de representantes sociais e institucionais, os fins e obxectivos para os que foi concebida.

Este colectivo está formado por veciños e veciñas de diferentes concellos do territorio do Eume como Pontedeume, Xermade, As Pontes, Muras, Monfero, Cabanas e A Capela.

O acto contou coa presenza de preto de 50 representantes de entidades públicas e privadas da bisbarra do Eume e serviu para expoñer as potenciales do territorio que atravesa o río Eume ao longo dos seus máis de 80 quilómetros, e da necesidade de dotalo dun plan estratéxico que dinamice e asente as bases do futuro en diferentes áreas: económica, social, medioambiental, cultural, deportiva, turísticae tecnolóxica.

Terras do Anaris, integrada por membros da sociedade civil da comarca do Eume, iniciará a súa actividade mediante unha rolda de xuntanzas con entidades, empresas e persoas dos diferentes concellos da comarca do Eume,  entre os meses de outubro e decembro de 2021, para xa no ano 2022,comezar a traballar de xeito participativo a través de mesas sectoriais, co fin de recoller as inquedanzas, necesidades, preocupacións e ideas de cara ao artellamento dun plan estratéxico para o Eume, que sirva de documento de referencia para o desenvolvemento sustentable do territorio.

O colectivo Terras do Anaris toma o seu nome do hidrónimo que o xeógrafo hispano Pomponio Mela deu ao río Eume na súa obra Chorographia, para referirse a este cauce fluvial de 80 quilómetros de lonxitude e que nace da unión dos regos do Lamoso e das Toxeiras, ao pé da Lomba Longa do Seixo Branco, na Serra do Xistral, a 759 metros de altitude.

0.15659403800964