Narla contará cun magosto organizado por Pena Castrela o día 8

LugoXa | TerraChaXa
A festa estará animada pola actuación musical de Nerea Cobas e o DJ Javi Machito
Castañas asadas
31 Oct 2025

O vindeiro 8 de novembro, Narla será o escenario dun dos eventos máis esperados do outono: o Magosto organizado pola Asociación Pena Castrela. A celebración, que dará comezo ás 22.00 horas, incluirá un menú tradicional con pratos como empanada, chourizo, liscos e churrasco, seguido dunha sobremesa con café, castañas e queixo con marmelo. Todo isto por un prezo de 20 euros por persoa.

A festa estará animada pola actuación musical de Nerea Cobas e o DJ Javi Machito, que garantirá unha tarde e noite de diversión para todos os asistentes.

O prazo para anotarse remata o 2 de novembro, ou ata completar o aforo.

⚙ Configurar cookies
0.068459987640381