Nausti celebra un xantar popular o día 15 na Romería de Portariz

TerraChaXa
Ademais, do xantar haberá a media tarde un baile amenizado polo grupo Epo-K
romeria-nausti
10 Aug 2025

A Asociación veciñal ARC Nausti celebra o 15 de agosto a XII edición da Romería de Portariz, que se desenvolverá a partir da 13.30 na que está prevista unha sesión vermú.

O xantar, ás 14.30 horas, terá como menú empanada, lacón asado, churrasco, polbo, sobremesa e café, todo a un prezo de 36 euros para socios e 42 para non socios cos nenos gratis ata os 12 anos (15 euros a partir desa idade).

O catering estará ao cargo de Hermanos Debasa e para participar será necesario reservar antes do 11 de agosto cos membros da asociación chamando aos teléfonos de Veva (625 521 113), Pili (687 333 614) e Mª Carmen (649 179 291).

Ademais, do xantar haberá a media tarde un baile amenizado polo grupo Epo-K.

⚙ Configurar cookies
0.14938497543335