Nausti celebra un xantar popular o día 15
TerraChaXa
Haberá sesión vermú e un baile pola tarde amenizado polo dúo Pedriñas
10 Ago 2024
A Asociación veciñal ARC Nausti celebra o 15 de agosto a XI edición da Comida de Portariz, que se desenvolverá a partir da 13.30 horas coa actuación do grupo de música tradicional AC de Andrade. A continuación está prevista a sesión vermú.
O xantar, ás 14.30 horas, terá como menú empanada, lacón asado, churrasco, polbo, sobremesa e café, todo a un prezo de 36 euros para socios e 42 para non socios cos nenos gratis ata os 12 anos (15 euros a partir desa idade).
O catering estará ao cargo de Hermanos Debasa e para participar será necesario reservar antes do 11 de agosto cos membros da asociación.
Ademais, do xantar haberá a media tarde un baile amenizado polo dúo Pedriñas.