Navallo, o Mago de Castropol rexurde en San Miguel

Por Daniel Rodríguez Savedra
O XIV Aberto de Flores disputouse no campo das Valgas de San Miguel coa asistencia de 68 palanadores (48 homes, 14 donas e 6 cativos).
Lorenzo foi testemuña dunha nova exitosa xornada de billarda na que rexurdiu a figura de David Navallo. O Mago de Castropol, con 24 puntos, gañou a xornada por diante de Charli e de Manolo (con desempate polo 2º e 3º posto).
En donas, Geni deixou claro que segue estando en forma superando a dúas figuras de Castiñeiro Milenario, Vanesa e Cris.
En infantís todo igual, Mateu, Diego e Mateo voltan o podio, os dous de Madia Leva teñen a exclusiva e o Troitiña sigue dando o mellor de si en cada aberto.
Por equipos, Troitas Bravas cos 24 puntos de Navallo e os 23 de Manolo, so necesitaron un pouco de axuda dos seus compañeiros para gañar por diante de Billardeiros Musicais e do dúo Madia /Castiñeiro (iguais no terceiro chanzo).
O seleccionador e anfitrión Manolo Flores foi o mestre de cerimonias na entrega de premios ós gañadores. Parabéns a tódolos participantes.
As clasificacións xerais quedan así:
Individual:
- Sachas (Troitas Bravas) 248 p
- Charli (Carabullo) 242 p.
- Felix (Billardeiros Musicais) 221 p.
Donas:
- Alba (Troitas Bravas) 153 p.
- Geni (Billardeiros Musicais) 132p.
- Aroa (Billardeiros Musicais) 117p.
Infantis
- Mateu (Madia Leva) 197 p
- Diego (Madia Leva) 147 p.
- Mateo (Troitas Bravas) 127 p.
Equipos:
- Troitas Bravas (A Pontenova) 950 p.
- Billardeiros Musicais (Ribadeo) 929 p.
- Carabullo (Ponte de Outeiro) 859 p.
A vindeira xornada será o sábado 26 de abril en Ponte de Outeiro