Nenos dos campamentos de verán visitan o Concello de Vilalba

TerraChaXa
visita nenos O Concello de Vilalba recibiu a visita dos nenos e nenas que participan nos campamentos Diver Verano.
visita nenos campamento concello vilalba2
24 Xul 2023

O Concello de Vilalba recibiu a visita dos nenos e nenas que participan en campamentos de verán no municipio.

“Solicitaron a visita e para nós é un pracer recibir aos máis pequenos, que coñezan como funciona a institución”, asegura a alcaldesa, Elba Veleiro, que estivo cos nenos xunto a Paula Vigo, concelleira de Ensino, Infancia e Xuventude, e Eduardo Vidal, concelleiro de Servizos e Seguridade Cidadá.

Os nenos participaron nun pleno infantil no salón de plenos, visitaron a Alcaldía e desfrutaron das explicacións da Policía Local sobre o seu traballo e os seus vehículos, mostrando moito interese.

“Puideron coñecer o funcionamento dunha das administracións básicas da nosa democracia, os concellos”, engade Veleiro.

visita nenos campamento concello vilalba
0.10040211677551