Nenos e nenas do Insua Bermúdez visitan o Concello vilalbés

Os nenos e nenas de segundo de primaria do CEIP Insua Bermúdez visitaron as instalacións do Concello. A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo foron as encargadas de recibir ao grupo no salón de sesións, onde Marta Rouco respondeu a todas as dúbidas que formularon os pequenos visitantes.
Tras esta primeira parte da visita, os escolares realizaron un percorrido polas dependencias municipais, onde tiveron a oportunidade de coñecer aos traballadores do Concello e as funcións que desempeñan en cada posto.
Dende o Concello agradeceron a visita e destacaron que foi un pracer recibir aos alumnos e alumnas do CEIP Insua Bermúdez.