Nete acolle unha xornada sobre saúde dentro do programa Xunt@s

TerraChaXa
O programa Xunt@s chega a Nete, en Vilalba.
saude balnerario tratamento
25 Feb 2024

O programa Xunt@s chega a Nete, en Vilalba. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.

Nesta ocasión será unha charla sobre prevención de enfermidades cardiovasculares, terá lugar o martes 5 de marzo, ás 17.00 horas, na Escola de Nete. O relatorio estará a cargo do doutor José Manuel Vidal Ameijide, médico do Servizo Galego de Saúde.

Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade.

0.16676187515259