Nete celebra as súas festas a fin de semana

TerraChaXa
Estarán Zona Zero, Marbella e JB Son
festas-nete
8 Apr 2025

A localidade vilalbesa de Nete festexa esta fin de semana, 12 e 13 de abril, as festas na honra a San Benito e San Antón.

O programa contará con misa solemne desde as 13.30 horas, procesión con grupo Mestura de Nete, así como e a posterior sesión vermú, que estará ao cargo de Zona Zero. Pola noite volverá o mesmo grupo e tamén Marbella para animar a verbena.

O domingo repetirá o oficio relixioso e a sesión vermú estará ao cargo de JB Son, coa que se dará por finalizada a festa.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

⚙ Configurar cookies
0.083157062530518