Nete celebrará a VI Festa da Amizade este 3 de maio

TerraChaXa
A festa comezará ás 13:30 h coa sesión vermú amenizada polo grupo Pasión
festa-da-amizade-en-nete
1 May 2025

As parroquias de Nete, Noche e Ladra únense un ano máis para celebrar a VI Festa da Amizade, unha xornada de convivencia e festa que terá lugar o sábado 3 de maio en Nete, con carpa cuberta e calefacción para garantir o confort de todos os asistentes.

A festa comezará ás 13:30 h coa sesión vermú amenizada polo grupo Pasión. A continuación, os asistentes poderán degustar un completo xantar servido polo Catering Chao da Brea, cun menú composto por salpicón de marisco, codillo de porco asado, pan, bebida, sobremesa e café, todo por un prezo de 30 euros. Os máis pequenos tamén terán o seu espazo cun menú infantil a 10 euros, e haberá colchonetas gratuítas para eles durante toda a tarde.

A xornada continuará coa actuación da agrupación Mestura de Nete, seguida doutra actuación do grupo Pasión. Xa pola noite, celebrarase unha gran verbena a cargo do mesmo grupo e do dúo Epo-K, prometendo animación ata altas horas.

A organización tamén ten previstos sorteos ao longo da tarde.

⚙ Configurar cookies
0.16206097602844