Nimbos actúa este sábado na casa museo de Manuel María

TerraChaXa | LugoXa
Música da boa e diferente, para toda a xente con ganas de desfrutar e bailar, é a proposta que este sábado, día 28 de outubro, ás 20 horas, o grupo pontés Nimbos fará na Casa-Museo Manuel María.
nimbos concerto manuel maria portada
25 Oct 2023

Música da boa e diferente, para toda a xente con ganas de desfrutar e bailar, é a proposta que este sábado, día 28 de outubro, ás 20 horas, o grupo pontés Nimbos fará na Casa-Museo Manuel María. Cinco mozos, cuxa base musical é tradicional mais que o mostran dunha maneira un pouco diferente, combinando e fusionando a súa proposta con novos ritmos.

Mario Arranz, no contrabaixo, Álvaro García, na guitarra, Xalo Rubio, no acordeón, Diego Barro, na percusión, e Antía Franco, na voz, gaita e frauta, son Nimbos. Entre o seu repertorio, a formación musicaliza poemas de distintos autores galegos, entre os que está o guitiricense Díaz Castro, cuxo poemario acabou por dar nome ao grupo, e composicións musicais propias como a “Foliada da Borraleira”.

As persoas interesadas en asistir deben facer reserva (billete 5 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou a través do whatsapp 698177621.

nimbos concerto manuel maria
0.1745297908783