Charli, de Carabullo, dominou o XII Aberto de billarda de Flores

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
No campo das Valgas disputouse o XII Aberto de billarda de Flores. Unha nova xornada da LNB NorLeste que coincide co San Rosendo
XII Aberto de billarda de Flores  billarda 4
7 Mar 2023

Por Daniel Rodríguez Saavedra da Asociación O Varal.

No campo das Valgas disputouse o XII Aberto de billarda de Flores. Unha nova xornada da LNB NorLeste que se fai coincidir ca celebración das festas de San Rosendo e que por terceira xornada consecutiva tivo en Charli o dominador absoluto.

Aínda co día foi soleado e o campo presentaba un estado moderadamente bo, foi unha xornada un pouco rara. A menos concurrida da tempada con sesenta e tres palanadores (42 homes, 14 donas e 7 cativos) e díficil para rematar as carreiras. Nalgún caso foron necesarios ata seis ou sete golpes para que entrara o primeiro xogador no varal, cousa que non acordan nin os palanadores mais veteráns.

As puntuacións tampouco foron moi alá agás o Carabullo Charli, que acadou vintecatro puntos e gañou con solvencia. Segundo foi o xoven Gundar de Madia Leva con vintedous puntos e media ducia de palanadores se xogaron o terceiro posto (empatados a vinte puntos) sendo Muriego Remourelle Bulls o mais acertado.

En donas, Irea Carabullo foi a millor con 17 puntos seguida das Billardeiras Musicais Geni e Aroa con 16 e 14 puntos.

Por equipos, Carabullo gañou a Troitas Bravas por un  so punto e completou o podio un dos equipos mais veteráns da liga, os Remourelle Bulls.

En infantís, Antia de Troitas Bravas igualou a Diego de Madia Leva no primeiro posto e o seu compañeiro Mateu, completou o trio gañador.

O seleccionador Manolo Flores, en representación da comisión de festas de San Rosendo fixo entrega de un Trofeo para o mellor equipo e medallas para as donas gañadoras así como dos Trofeos para os tres primeiros clasificados completados con cadanseu colar de chourizos.

A vindeira xornada será o domingo 26 de marzo en Begonte.

As clasificacións logo desta xornada quedan deste xeito:

Individual:

  • Charli    (Carabullo) 192 p.
  • Manu Caldeiro  (Billarda Verde) 159 p.
  • David Navallo e Regueiro (Troitas Bravas) 155 p.

Donas:

  • Aroa (Billardieors Musicais) 119 p.
  • Geni (Billardieors Musicais) 110 p.
  • Irea (Carabullo)   81 p.

Equipos:

  • Troitas Bravas (A Pontenova) 696 p.
  • Carabullo   (Pone de Outeiro) 663 p.
  • Billardeiros Musicais (Ribadeo) 646 p
XII Aberto de billarda de Flores  billarda 3
XII Aberto de billarda de copia
XII Aberto de billarda de Flores  billarda 2

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.080830097198486