No torneo de bridge do Valadouro utilizáronse robots

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
30 Out 2019

O hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro acolleu o 25 e 26 deste mes un Torneo de Bridge, organizado polo Club de Bridge Cidade de Lugo. Neste torneo, no que por  primeira vez se utilizaron os robots de brigde en España, participaron 56 xogadores procedentes de distintos puntos de España e Portugal.

A clasificación final quedou como segue: 1º Rui Pinto e Antonio Pinto; 2º Ricardo Teixeira e Miguel S. Guedes; 3º Manola García Cambón e María Molíns; 1º sen xogadores de 1ª categoría: Leopoldo García e Matilde; 2º sen xogadores de 1ª categoría: Enrique Dorrego e María Vázquez.

A organización quixo facer unha mención especial ao hotel Vila do Val para facer posible o torneo e polasúa banda a directora do hotel, María Hermida, agradecéulles que elixiran o seu establecemento no que se usaron por primeira vez en España os robots de bridge. 

0.18287897109985