No XII Torneo Cidade de Lugo de billarda os lideres fanse fortes
Por Daniel Rodríguez Saavedra.
No campo de fútbol de Nadela, aproveitando que a choiva da semana deu un respiro, déronse cita 80 palanadores (51 homes, 20 donas e 9 cativos) para disputar a 3ª xornada da LNB, conferencia NorLeste.
O campo brando mais non tan enlodado como cabía esperar permitiunos gozar dunha fermosa xornada billardeira con moi bos golpes que permitiron acadar os dous primeiros varados da tempada.
O primeiro foi obra do mozo Morás do equipo anfitrión de Madia Leva, e un pouco mais tarde, foi Sandonguero de Troitas Bravas quen o secundou.
Charly de Carabullo gañou a xornada logo dun desempate con Xosé Manuel de Castiñeiro Milenario. Terceiro foi Basilio de Billardeiros Musicais o gañar o desempate co actual líder Cortón de Billarda do Miño e con Regueiro de Troitas Bravas.
En donas foi Pamela de Troitas Bravas a mellor da xornada, a segunda Dori de Billardeiros Musicais e o terceiro caixón ocupárono Cris e Vanesa de Castiñeiro e Irea de Carabullo.
En infantís Mateu e Diego de Madia Leva foron primeiro e terceiro, deixando desta volta o segundo posto para Alba de Troitas Bravas.
En canto a equipos, os ribadenses Billardeiros Musicais gañaron a xornada consolidando o primeiro posto da xeral, seguidos de Troitas Bravas da Pontenova e de Carabullo de Ponte de Outeiro.
A seguinte xornada será en Mondoñedo.
Clasificación
Individual:
1º CORTON (Billarda do Miño) 69 p.
2º CHARLI (Carabullo) 66 p
3º MARKYTOS (Billrd. Musicais) 63 p.
Donas:
1ª e 2ª DORI e GENI (Billard. Musicais) 39 p.
3º CRIS (Castiñeiro Milenario) 35 p.
Equipos:
1º BILLARDEIROS MUSICAIS 247 p.
2º TROITAS BRAVAS 241 P.
3º MADIA LEVA 222 p.
Infantís:
1º DIEGO (Madia Leva) 50 P.
2º MATEU (Madias Leva) 44 P.
3ª ALBA (Troitas Bravas) 25 P.