Noche acolle o día 15 a Festa da Amizade
Os veciños das parroquias vilalbesas de Ladra, Noche e Nete continúan coa Festa da Amizade, que vai pola cuarta edición e que este ano terá lugar en Noche o 15 de abril, sábado.
A xornada arrincará ás 13.30 horas cunha sesión vermú amenizada por Eureka, que estará tamén pola noite xunto ao dúo Eclipse.
Precisamente Eclipse e tamén Mestura de Nete darán o toque musical ao xantar, que se desenvolverá servido polo cátering Chao da Brea. Este contará con entrantes, paella de masrisco, carrilleiras en salsa con patacas, pan, bebida, sobremesa e café por un prezo de 28 euros por persoa. O menú infantil, gratuíto ata os 5 anos, inclúe croquetas, salchichas, milanesa, pan, bebida, sobremesa e xeado. Terá un prezo de 14 euros para os de 5 a 14 anos.
A organización lembra que o campo estará cuberto con carpa e estará dotado con calefacción. Celebraranse sorteos ao longo de toda a tarde e haberá colchonetas para os máis pequenos.
O prazo para retirar os billetes finaliza o 10 de abril. Para facerse con eles, os veciños de Nete poden poñerse en contacto con Suárez no 686 274 465; os de Noche con Javier no 650 365 554, e os de Ladra con Jesús no 669 860 431.