Noche celebra as festas esta fin de semana

TerraChaXa
A música estará a cargo de Ritmo, Atenas e Tropical
festas-noche
Cartel Festas Noche
11 Jun 2025

A parroquia de Noche celebra as súas festas esta fin de semana na honra a San Antonio e a Virxe das Candelas.

Darán comezo o sábado 14 coa sesión vermú, ás 14.00 horas, que estará protagonizada polo grupo Ritmo. Pola noite haberá verbena de novo co grupo Ritmo e Atenas.

O domingo haberá misa ás 13.30 horas e trala procesión terá lugar a sesión vermú co dúo Tropical, co que se dará por rematada a festa.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

⚙ Configurar cookies
0.12122082710266