Nodar, en Friol, celebrará as festas na honra a San Mamede desde o venres

LugoXa | TerraChaXa
Darán comezo cunha gran verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show, que estará acompañada dun DJ
festas-nodar
30 Jul 2025

A parroquia de Nodar, no concello de Friol, vivirá tres intensas xornadas de festa na honra a San Mamede entre o 1 e o 3 de agosto. A programación inclúe misas solemnes, sesións vermú e verbenas con destacadas actuacións musicais.

O venres 1 de agosto dará comezo a festa cunha gran verbena a cargo da orquestra Fania Blanco Show, que estará acompañada dun DJ. A partir das 21:30 horas ofreceranse liscos gratis para os asistentes.

O sábado 2 celebrarase a misa solemne ás 13:30 horas e, a continuación, a sesión vermú estará animada polo trío Mar Davila. Pola noite, volverá a música co trío Mar Davila e o grupo Tattoo, encargados de poñer ritmo á verbena.

O domingo 3 pecharanse os festexos cunha nova misa solemne ás 13:30 horas e a sesión vermú a cargo do dúo Élite.

⚙ Configurar cookies
0.20525693893433