Nodar, en Friol, inicia as súas festas cunha churrascada este venres
LugoXa | TerraChaXa
Contará coa música de Marbella, Jaque, Tania Veiras, Galaxia e un DJ
Cartel
1 Ago 2024
A localidade friolesa de Nodar celebra esta fin de semana as súas festas na honra a San Mamed. Estas darán comezo o venres 2, ás 21.30 horas, cunha degustación de liscos e chourizos no bar da festa, ao que seguirá a verbena a cargo de Marbella e dun DJ.
O sábado as celebracións darán comezo ás 13.30 horas coa misa, reservando o tempo despois para a sesión vermú, da que se encargará Jaque, que tamén estará na verbena xunto a Tania Veiras.
O domingo, despois dun novo oficio relixioso, será Galixia a que poña o punto musical á xornada cunha sesión vermú en primeira instancia e cun baile de tarde, a partir das 19.30 horas, para rematar a celebración.