Noite de estrelas e aventura no lago das Pontes coa chegada das Delta Acuáridas

TerraChaXa
O evento, organizado por Náutico Folixa, terá lugar na noite do 30 ao 31 de xullo, coincidindo co momento álxido deste espectáculo
saida-nocturna-folixa
29 Jul 2025

O lago das Pontes converterase nun escenario privilexiado para observar un dos fenómenos astronómicos máis agardados do verán: a chuvia de meteoros das Delta Acuáridas. O evento, organizado por Náutico Folixa, terá lugar na noite do 30 ao 31 de xullo, coincidindo co momento álxido deste espectáculo celeste.

Os participantes poderán gozar da experiencia desde a auga nunha saída nocturna única que ofrece distintas opcións: kayak, bigSUP, paddle surf ou barco dragón. Esta proposta permite combinar natureza, aventura e astronomía nunha soa actividade.

A organización advirte que as prazas son limitadas e que a data podería variar en función das condicións meteorolóxicas. Para máis información e reservas, Náutico Folixa pon á disposición o teléfono 655 221 544, o correo electrónico nauticofolixa@gmail.com e a páxina web www.nauticofolixa.com.

⚙ Configurar cookies
0.24790215492249