Non haberá Festa do Emigrante en Pol e non abrirán a piscina

Pol
TerraChaXa
O Concello de Pol anunciou que non abrirá este ano as piscinas debido ao temor de expansión do covid-19 entre a poboación.
30 Xul 2020

O Concello de Pol anunciou que non abrirá este ano as piscinas debido ao temor de expansión do covid-19 entre a poboación. Pol únese así ao listaxe de Concellos que optan por unha política preventiva xa que ademais de non abrir as piscina mantén tamén pechadas o resto de instalacións públicas como polideportivo e demais.

Tamén o Concello anunciou que se este ano non haberá festas en agosto, coñecidas coma as do Emigrante e que se celebraban na carballeira de Mosteiro.

Do mesmo xeito, non hai que pedir cita previa para visitar a casa consistorial pero si que hai unha limitación de aforo de non máis de dúas persoas.

O motivo é evitar a aglomeracións de persoas no lugar, momento no que poden producirse o contaxio masivo de persoas.

Ademais, o Concello recomenda o uso de máscaras para todas as actividades e para facer vida social lembrando aos veciños todos os cambios de normativas que se produciron.

0.076624155044556