Non se multará aos vehículos agrícolas que non puideran pasar a ITV

TerraChaXa | AMariñaXa
Non se multará aos vehícolas agrícolas que non puideran pasar a ITV polos retrasos nas inspeccións móbiles
14 Nov 2020

A Delegación do Goberno en Galicia informa de que non se denunciará aos vehículos agrícolas que non puidesen pasar a ITV polos retrasos nas inspeccións móbiles. É a resposta da Dirección Xeral de Tráfico ante a imposibilidade por parte da Xunta, que ten a competencia exclusiva, de realizar os trámites nalgúns concellos do rural galego.

A directriz establece que “non procede formular denuncia aos vehículos agrícolas que circulen a partir do 10 de novembro de 2020 coa inspección técnica caducada se queda acreditado que non puideron pasar a inspección con anterioridade a esta data, de acordo co calendario de ITV móbiles”. Esto facilita o labor dos profesionais do rural, que quedaban nunha situación complexa, pois necesitarían desprazarse ás estacións fixas, o que provoca problemas de circulación, aglomeracións e gastos importantes.

Ante os retrasos ata febreiro das inspeccións móbiles, o delegado do Goberno trasladou ao vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, a información para pedirlle que valore a posibilidade de tomar medidas. Na misiva remitida a principios desde mes lembrou que a execución e funcionamento das Inspeccións Técnicas de Vehículos é unha competencia exclusiva da Comunidade Autónoma.

O delegado do Goberno destacou a importancia da maquinaria agrícola para a actividade económica rural. Polo tanto, celebra esta decisión da Dirección Xeral de Tráfico que permite a continuidade do traballo, en especial nun momento de recuperación económica pola pandemia da covid-19.

Subliña que este criterio facilita o labor da agricultura e a gandería. Tamén é importante evitar as viaxes dos seus vehículos por estrada por motivos de seguridade vial. Na actualidade, nalgúns concellos as súas posibilidades de realizar Inspeccións Técnicas están limitadas aos desprazamentos ata as sedes fixas, o que implica longos traslados que agora poden evitarse.

0.19859004020691