Non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril

TerraChaXa
A Consellería de Economía, Emprego e Industria informa de que, tal e como se acordou polo Centro de Coordinación Operativa (Cecop) de Galicia, a rede de oficinas de emprego do Servizo Público de Emprego de Galicia pecha desde hoxe as súas portas ao público para ofrecer aos cidadáns atención tanto telefónica como telemática para a realización dos trámites urxentes, debido ás medidas adoptadas pola evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.
17 Mar 2020

Así, en coordinación co Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), dedidiuse que non será necesario renovar a demanda de emprego ata o 30 de abril. Se é necesaria a realización de trámites urxentes na demanda, poderán facerse a través da oficina virtual ou vía telefónica, chamando á correspondente oficina de emprego u ao 012.

Ademais, quedan suspendidas as citas presenciais de orientación laboral e no que se refire ás oficinas de prestacións do SEPE, poden consultarse as medidas adoptadas en: https://www.sepe.es, entre as que destacan que non se terán en conta os prazos actualmente establecidos para solicitar a prestación ou subsidio. É dicir, o dereito á prestación ou subsidio queda plenamente asegurado sen ter que cumprir o prazo habitual para solicitalos. Ademais, habilitaranse canles para a recuperación da demanda daquelas persoas inscritas con anterioridade ou para facilitar, no seu caso, a inscrición inicial. E non se esixirá a acreditación da busca activa de emprego (BAE) na solicitude do subsidio extraordinario ou renda activa de inserción.

Este acordo do Cecop conleva unicamente o peche ao público das oficinas do Servizo de Emprego Público de Galicia pero non a clausura do seu servizo aos usuarios que se seguirá ofrecendo polas vías telemática e telefónica co obxectivo de manter a actividade e cumprir, á súa vez, coas recomendacións das autoridades sanitarias. Esta información irase actualizando no portal: https://emprego.xunta.gal

0.19047403335571