Nordes do Vicedo presenta en videoconferencia 'Os mouros na toponimia do Ortegal e A Mariña'

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 Abr 2020

O sábado 18 ás 19.00 horas a asociación Nordes do Vicedo presenta en videoconferencia Os mouros na toponimia do Ortegal e A Mariña.

Para asistir é preciso anotarse antes do venres 17 mandando un correo a asociacion.nordes@gmail.com ou no teléfono 620 417 848.

Dende estos puntos facilitarase o link para entrar na sala da conferencia o sábado 18.

Baixo o título Os mouros na toponimia do Ortegal e A Mariña, falaranse das diferentes acepcións da palabra “mouro” en Galicia e ás distintas tipoloxías das referencias a eles na toponimia: nos nomes de lugares ou accidentes xeográficos, por exemplo, que agochan lendas e contos.

0.17440319061279