Nova actuación dos alumnos sénior da UNED de Momán e Guitiriz
TerraChaXa
O alumnado sénior da UNED A Coruña da asignatura de Música de Galicia volverá reunirse en Guitiriz o 27 de xullo para un novo encontro similar ao celebrado a finais do mes de xuño, protagonizado polas aulas de Guitiriz, Momán e Paderne.
13 Jul 2021

Así A Casilla acollerá esta xuntanza na que haberá actuación de 13.00 a 14.00 horas, antes do xantar, e de 15.30 a 17. O prezo da comida será de dez euros.
Esta será unha nova actividade despois de que o día 7 actuaran en Abadín, para os usuarios do centro de día.