Nova adquisición para o mantemento da área fluvial da Roxica

TerraChaXa
A compra realizouse a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia
roboto-cortacespede-abadin
17 Nov 2025

O Concello de Abadín vén de incorporar un robot cortacéspede destinado ao mantemento da área fluvial da Roxica, co obxectivo de mellorar a conservación e o coidado deste espazo natural moi frecuentado pola veciñanza.

A compra realizouse a través do Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia, cunha subvención do 100%.

Dende o Concello destacan que esta incorporación supón un avance na conservación dos espazos públicos, contribuíndo a mantelos limpos, seguros e agradables para o uso diario da cidadanía.

⚙ Configurar cookies
0.070300817489624