Nova Danza Galega actúa este domingo nas Pontes
Nova Galega de Danza presenta este domingo nas Pontes Berro, a súa nova peza, que poderá verse ás 19.00 horas no Auditorio Cine Alovi.
Berro é a liberdade de contar sen medo nin ataduras, deixando fluír a inocencia da natureza, a forza ineludible da expresión. A voz interior chama por manifestarse, voar, fóra de nós. É un fío condutor entre o noso interior e o exterior.
Baleirarse polo berro, seguindo pasos ancestrais que veñen sós porque os levamos dentro, dende a orixe. Non escoitar esta voz, non expresala é encerrar corpo e alma. Unha parálise existencial.
O berro é parte do proceso de crecemento das nosas vidas. A flutuación necesaria, o aire que precisamos. Os pobos teñen un berro común que se expresa a través dunha vibración colectiva sempre viva, sempre presente.
A tradición que canaliza, recolle, escoita e expresa as enerxías que teñen que saír para salvar, curar e liberarse. Para poder velas, comprendelas e arropalas fora de nós.
As invitacións poderán retirarse unha hora antes da función na billeteira do Auditorio Municipal Cine Alovi ou na web https://aspontes.sacatuentrada.es/