Este sábado haberá unha nova edición da Andaina Popular Concello de Friol
O Concello de Friol xunto co Club de Atletismo Friol, organiza un ano máis a súa tradicional Andaina Popular Concello de Friol que será o sábado 21 de setembro con saída ás 11 da mañá dende a Casa do Concello ata chegar á Torre de San Paio de Narla.
A inscrición pode realizarse de xeito gratuíto ata o 19 de setembro.
Ademais, a organización porá a disposición dos participantes botellas de auga aínda que recomenda que cada un leve a súa botella.
Está previsto que participen uns 350 camiñantes do Concello e de outras partes da provincia.
“Dende o Equipo de Goberno animamos a todos e todas que o desexen, a participar en esta andaina popular que percorre lugares moi fermosos do noso territorio, na que participan dende bebés ata persoas de maior idade”, indica o alcalde popular Jose Ángel Santos.