Nova edición da Foliada de Primavera de Begonte
Como todos os anos desde Castiñeiro Milenario dalle a benvida á Primavera cunha nova edición da Foliada de Primavera.
Comezarán pola tarde, a partir das seis facendo un pequeno paseo para apañar flores e fentos e xestas e facer un maio ben bonito e grande. Dirixidos polas sabias indicacións da mestra da Primavera, Branca Villares faremos un maio, probarán a facer algún “maio vivo” e cantarán unhas pezas aorredor del, nenos, nenas e maiores todas xuntas para dar a benvida á primavera. Un chocolate quentiño daralles forzas aos asistentes para seguir ata que a Foliada chegue.
Despois haberá uns petiscos para empezar unha nova edición da Foliada de Primavera. A partir das oito e media, comezará a festa con dous grupos, desde Outeiro de Rei con sangue e forzas propias da mocidade virá Filseira, con moitas gañas de cantar e bailar, e para rematar, desde Lugo, a Asociación Arrincadeira. Despois, foliada aberta ata que os corpos aguanten.